CSS Drop Down Menu by PureCSSMenu.com

21 ene 2013

CUESTIONARIO SEMANAL 2 VELLAS GLORIAS

Aquí tedes un novo cuestionario para esta semana. Pinchade no seguinte enlace:

CUESTIONARIO SEMANA 2 VELLAS GLORIAS

E aquí están as pistas audiovisuais necesarias para resolvelas:

15.            Varios dos compoñentes do grupo que podes escoitar nesta canción, formaron durante un tempo outro grupo homónimo á rexión da pregunta anterior. Poderías dicir o nome de ambos grupos e os compoñentes comúns? Cal é o título da canción? De que película dunha famosa saga formou parte esta canción? 


16.           A serie de televisión da que podes ver unha escena é un spin-off ou secuela doutra que se emitiu nos anos oitenta. Sabes o nome das dúas series? O actor protagonista é famoso tamén por dobrar na súa versión orixinal un personaxe dunha famosísima serie de debuxos animados, quen é ese personaxe e con quen estivo casado?


20.            Esta película de terror foi filmada como un documental que fixeron tres novos cineastas sobre unha lenda local. Estes mozos desaparecen e o único que aparece é as cintas a partires das cales móntase a película. Cal é o nome da película e do director?




No hay comentarios:

Publicar un comentario